Thursday 16 de May de 2024

Muxía recibe á activista Ana Baneira dentro do seu proxecto medioambiental pola costa galega


Foi recibida polo alcalde, Iago Toba e pola concelleira de cultura, Olalla Benlloch no Salón do Voluntariado ás 12:00 horas.
O Concello de Muxía recibiu á activista Ana Baneira no Salón do Voluntariado ás 12:00 horas. A coruñesa foi recibida tanto polo alcalde, Iago Toba, como pola concelleira de cultura, Olalla Benlloch.
O acto contou coa presenza de 22 nenos que pertencen a un dos campamentos de verán organizado polo concello muxián. Os máis pequenos puideron coñecer de primera man o proxecto medioambiental de Baneira pola costa galega.
Os nenos e nenas que acudiron á charla, sentíronse moi interesados desde o primero momento en todo o que está a facer Ana, percorrendo o litoral galego e recollendo o lixo que ve ao seu paso, ademais de investigar as incidencias medioambientais en lugares sinalados con bandeira negra.
O edil, Iago Toba, quixo destacar que “estou moi contento de recibir a Ana en Muxía. Espero que a súa actividade deixe pegada na xente. Unha das liñas de organización do campamento de verán é o medio ambiente e ogallá isto sirva para que esta mensaxe cale nos máis pequenos”.
Ana Baneira extendeu “os agradecementos á corporación”. Engadiu que “estou moi contenta de poder compartir experiencias cos máis pequenos que ao final son os que van a sustentar a sociedade do futuro e os que terán esa responsabilidade de coidar o planeta que temos”.
Os presentes tamén puideron gozar dunha proxección dun anaco da conferencia de Nacho Dean que foi o primero home en dar unha volta ao mundo andando e logrou xuntar os cinco continentes a nado.